Wednesday 08 de May de 2024

O Programa “Coidados Porta a Porta” regresa á Laracha entre o 19 e o 21 e abril


Os interesados en beneficiarse desta iniciativa da Consellería de Política Social deben reservar cita previa gratuíta por teléfono ou correo electrónico.

A caravana do programa de servizos asistenciais Coidados porta a porta estará na praza Les Sables d’Olonne da Laracha (fronte á biblioteca municipal) entre os días 19 e 21 de abril.

Trátase dunha iniciativa impulsada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia para ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a persoas maiores de 55 anos residentes en municipios rurais e previr a dependencia nese grupo de idade.

Para pasar consulta gratuíta é preciso solicitar cita previa, ben vía telefónica chamando ao 622 748 283 ou ao 623 546 992, ou ben enviando un correo electrónico a coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

O programa Coidados porta a porta xa estivera na Laracha o pasado verán, cando obtivo unha excelente participación e valoración por parte da veciñanza.